Inicio | Asociados | Como asociarse e servizos |Novas | Ofertas de emprego | Formación e cursos | Contacto
Ver todas

Convocatoria de probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.


No DOGA Nº 113 publicado o Venres 14 de Xuño de 2013 aparece recollida a ORDE do 31 de maio de 2013 pola que se convocan as probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

O obxecto desta orde é a convocatoria das probas para a obtención da habilitación do
persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

As solicitudes presentaranse:
No Rexistro da Academia Galega de Seguridade Pública.
A través das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de
réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.es/
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día
seguinte ao da publicación da presente convocatoria no
Diario Oficial de Galicia
.










ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE HOSTALERIA FERROL E COMARCAS. Copyright © 2011