Inicio | Asociados | Como asociarse e servizos |Novas | Ofertas de emprego | Formación e cursos | Contacto
Ver todas

SUVENCIÓNS EMPREGO AUTÓNOMO


ORDE do 7 de febreiro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I, de axudas á promoción de emprego autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e o Programa II, de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se convocan para o ano 2017.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

PROMOCION EMPREGO AUTÓNOMO

Beneficiarios;

Serán beneficiarias aquelas persoas que causen alta no réxime especial de autónomos entre o 1 de outubro de 2016 e o 30 de setembro de 2017, ambos inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación, sempre que cumpran as seguintes condicións:

a) Estar inscritas como demandante de emprego nos servizos públicos de emprego,

b) Ter solicitada a alta como autónomo con anterioridade á presentación da solicitude da subvención.
c) Desenvolver fundamentalmente a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia (segundo a alta no imposto de actividades económicas ou no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal de Administración Tributaria, modelo 036 ou 037).
d) Non estar inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.
e) Non ter percibido subvencións ao abeiro dos distintos programas de emprego autónomo nos tres anos anteriores á data do inicio da nova actividade

f) Non ter desenvolvido como persoas traballadoras autónomas a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos seis meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade, nin estar de alta como persoas traballadoras autónomas en calquera réxime da Seguridade Social, sempre que a dita situación de alta presupoña actividade, nos tres meses inmediatamente anteriores. Para estes efectos, entenderase por mesma actividade a coincidencia ao nivel de 3 díxitos da Clasificación nacional de actividades económicas (CNAE).

2. As persoas traballadoras autónomas ou por conta propia poderán ser beneficiarias das axudas deste programa cando formen parte de comunidades de bens ou sociedades civís de nova creación, sempre que as soliciten a título persoal. Neste caso, a comunidade de bens ou sociedade civil deberá estar constituída previamente á presentación da solicitude de subvención.
3. Quedan excluídos deste programa as persoas socias de sociedades mercantís, cooperativas e sociedades laborais e os autónomos colaboradores

Contía da subvención:
Establécese unha contía base de 2.000 € para todas aquelas persoas que teñan a condición de beneficiarias.
Esta contía base incrementarase nun 25 % nos seguintes casos:
a) Se a persoa incorporada é unha muller.
b) Se a persoa incorporada ten discapacidade ou se atopa en situación ou risco de exclusión social.
c) Se a persoa incorporada pertence a unha unidade familiar en que todos os seus membros están desempregados.
d) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) da persoa autónoma estea situado nun concello rural.

Deste xeito, a contía máxima posible, de aplicarse todos os incrementos, sería de 4.000 €.

Plazo presentación:

O prazo para a presentación de solicitudes de axudas do programa para a promoción do emprego autónomo será contado a partir do día seguinte á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de setembro de 2017.

AXUDAS A PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMOS POLA CONTRATACIÓN INDEFINIDA DE PERSOAS ASALARIADAS




Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola primeira contratación que realicen con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade.

Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido nos tres primeiros anos de actividade.





Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións indefinidas iniciais que se formalicen desde o 1 de outubro de 2016 ata o 30 de setembro de 2017. A contratación indefinida inicial poderá ser a tempo completo ou a tempo parcial, incluída a modalidade de fixo-descontinuo.

A primeira contratación indefinida inicial pola cal se solicite subvención deberá formalizarse durante o primeiro ano de actividade. A segunda e terceira contratación indefinida poderán formalizarse ata o terceiro ano de actividade.
Será subvencionable a primeira contratación indefinida inicial cando na data en que se formalice o contrato polo cal se solicita a subvención non haxa outra persoa traballadora contratada cunha relación laboral indefinida nin se contratase con carácter indefinido, con anterioridade, outra persoa traballadora, agás que este contrato indefinido se extinguise por causas determinadas na orde.

Plazos:
As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2016 e a data da publicación desta orde deberán presentarse no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación da orde.

As axudas previstas polas contratacións subvencionables realizadas desde a entrada en vigor desta orde deberán solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida pola cal se solicita subvención. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2017, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado no parágrafo anterior.

Contías:

1. As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse coas seguintes axudas:
i. Primeira persoa traballadora indefinida.
A axuda consistirá nunha contía de 5.000 euros cando se trate dunha persoa desempregada.
ii. Segunda e terceira persoa traballadora indefinida.
A axuda consistirá nunha contía de 6.000 euros cando se trate dunha persoa desempregada.
Estas contías base incrementaranse nun 25 % nos seguintes casos:
a) Se a persoa incorporada é unha muller.
b) Se a persoa incorporada ten discapacidade ou se atopa en situación ou risco de exclusión social.
c) Se a persoa incorporada pertence a unha unidade familiar en que todos os seus membros están desempregados.
d) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) da persoa autónoma estea situado nun concello rural.

Deste xeito, as contías máximas posibles, de aplicarse todos os incrementos, serían:
– Para a primeira persoa traballadora indefinida: 10.000 €.
– Para a segunda e terceira persoa traballadora indefinida: 12.000 €.

Cando se trate de contratacións indefinidas cunha xornada a tempo parcial, as contías dos incentivos serán proporcionais ao tempo efectivo de traballo.








ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE HOSTALERIA FERROL E COMARCAS. Copyright © 2011