Inicio | Asociados | Como asociarse e servizos |Novas | Ofertas de emprego | Formación e cursos | Contacto
Ver todas

TAPÉATE FERROL 2017


A Sociedade Mixta de Turismo de Ferrol coa colaboración da Asociación de Empresarios de Hostalaría de Ferrol e Comarcas e do Concello de Ferrol, organiza a acción promocional Tapéate Ferrol 2017. O obxecto desta promoción é dar a coñecer a riqueza gastronómica de Ferrol e as distintas propostas dos nosos establecementos entre os cidadáns e visitantes así como animar a actividade da cidade en tempada baixa.

As bases do concurso que se celebrará do 3 ao 12 de novembro son as seguintes:

Participantes
Poderán participar os establecementos hostaleiros en activo localizados en Ferrol que dispoñan de barras nos seus establecementos onde sirvan habitualmente pinchos e/ou tapas aos seus clientes.

A inscrición realizarase ata as 14:00 h. do 27 de outubro, mediante a presentación de solicitude de participación na que conste o nome do local, o seu teléfono, o nome da tapa e unha fotografía da tapa proposta. Dita presentación deberá entregarse en man na sede da Asociación de Empresarios de Hostalaría de Ferrol e Comarcas (rúa Real 73-75, 2º Dta) ou por correo electrónico a hosteferrol@hosteferrol.org

A inscrición neste Concurso supón a aceptación das actuais Bases, así como das eventuais instrucións de participación.

DESENVOLVEMENTO DO CONCURSO:

1. Durante o período do evento, do 3 ao 12 de novembro, os locais participantes ofertarán ao público, durante todo o seu horario habitual, a tapa sinalada na inscrición. A tapa poderá ser doce ou salgada.

2. Os ingredientes das tapas inscritas, e a materia prima da súa elaboración serán libres, aínda que deberán ser produtos galegos, da nosa Comarca, xa que se pretende que o Tapéate Ferrol sirva para promoción da saborosa e variada gastronomía local.

3. O prezo de venta ao público da tapa será de 2€, sen bebida.

4. Cada establecemento poderá participar presentando unha única tapa ao concurso.

5. Non se poderá inscribir unha tapa ou pincho presentado en anteriores edicións ou en outros concursos gastronómicos de calquera índole.

6. Os locais recibirán as urnas das votacións cun adhesivo coa imaxe de Tapéate Ferrol no momento da súa inscrición no concurso.

7. Cada local participante fará promoción do concurso Tapéate Ferrol colgando no interior do seu local, en lugar ben visible, o cartel do evento e facendo promoción do mesmo nas redes sociais nas que teña conta (Facebook, Twitter, etc) e na súa páxina web, de tela.

Igualmente, os locais participantes distribuirán entre os seus clientes mapas con todos os establecementos de hostalaría participantes nesta edición do Tapéate Ferrol e tarxetas específicas coa imaxe do Tapéate, onde os consumidores deberán escribir os seus datos de contacto e tapa favorita para participar nun sorteo. Para que a participación dos clientes no sorteo sexa válida o cartón a depositar en calquera das urnas dispostas nos establecementos participantes, deberá levar os cuños de catro locais participantes diferentes.

8. Outorgarase un galardón especial do público por valor de 300€ e tres premios do xurado, por importe de 500, 400 e 300€ respectivamente. Os establecementos que o consideren poderán optar só ao premio do público.

9. O días 13 e 14 de Novembro os establecementos participantes entregarán as urnas á Asociación de Empresarios de Hostalaría, cuxo persoal, o día 15 de Novembro, ás 10:00 h. realizará a súa apertura e o reconto de votos, xunto coa xerente da Sociedade Mixta de Turismo de Ferrol S.A., quen levantará acta dos resultados. Este acto de apertura das urnas e reconto dos votos será para o premio do público.

10. O día 02 de Novembro será a presentación oficial do Tapéate e os establecementos participantes terán que presentar a sua tapa antes das 12:00 h, no Hotel Carris Almirante donde estará o xurado e a prensa.

11. O Xurado avaliará as tapas pero o resultado do concurso coñecerase nunha data que comunicaremos posteriormente, nun acto de entrega de premios aos gañadores que se desenvolverá no Concello de Ferrol. A Sociedade Mixta de Turismo porase en contacto cos premiados con anterioridade para que poidan asistir ao acto.


12. O xurado estará composto por tres membros, expertos en temas gastronómicos, propostos pola Asociación de Empresarios de Hostalaría. Actuará como secretario, sen voto, un representante da Asociación de Hostalaría de Ferrol e Comarcas. Os criterios de valoración serán:

- Presentación
- Elaboración
- Degustación
- Calidad das materias prima.

O secretario levantará acta da decisión dos membros do xurado. Os membros do xurado non poderán haber participado en outras edicións do Tapéate Ferrol.

13. O premio do público será para a tapa que obteña maior número de votos no reconto ao que se refire o punto 9. A obtención de dito premio é compatible coa súa participación nos premios do xurado.

14. Os clientes maiores de idade dos locais de hostalaría inscritos en Tapéate Ferrol, terán a opción de participar no sorteo de catro bonos dunha actividade turística en Ferrolterra, por valor de 100€ cada bono, indicando nas tarxetas do concurso dispoñibles a súa tapa favorita. Este sorteo será público e terá lugar na sede da Asociación de Empresarios de Hostalaría, o día 15 de Novembro, ás 10:30 h. A Sociedade Mixta de Turismo porase en contacto telefónico cos premiados a través do número facilitado por estes nas tarxetas.

No caso de que non se localice a algún dos gañadores ou o gañador renuncie o premio, ester perderá o seu dereito e a Sociedade Mixta de Turismo procederá á entrega do premio a un suplente.

Os premios dos bonos turísticos para os clientes da presente promoción en ningún caso poderán ser obxecto de troco, alteración ou compensación a petición do gañador do seu importe en metálico nin por outros servizos distintos.

En ningún caso a Sociedade Mixta de Turismo de Ferrol farase responsable dos gastos de desprazamento do gañador e o seu acompañante ao lugar onde debe gozar o premio. Tamén queda exenta de calquera responsabilidade polos danos derivados do uso e goce do premio que puidesen sufrir os premidados ou terceiros e non será responsable das incidencias derivadas na execución da presente promoción por causas de forza maior.

15. O Concello de Ferrol realizará promoción do evento mediante notas de prensa aos medios ou rodas de prensa. Tamén creará un sitio web específico do Tapéate Ferrol 2017, con toda a información do evento.

16. A Sociedade Mixta de Turismo encargarase da promoción do Tapéate nas principais redes sociais e costeará o importe total dos premios de Tapéate Ferrol 2017.

17. En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, a organización informa de que unha vez concluído o evento Tapéate Ferrol 201, a Asociación de Empresarios de Hostalaría, comprométese a destruír todos os datos de contacto dos clientes participantes no sorteo dos bonos turísticos, así como os datos dos locais rexistrados no concurso a través das fichas de inscrición. Ningún dato persoal, nin de clientes nin de locais de hostalaría será utilizado pola organización para ningún outro fin distinto ao evento gastronómico Tapéate Ferrol 2017.

18. A participación na devandita promoción supón a aceptación das presentes bases, así como a aceptación do criterio que establezcan os organizadores para resolver cantas cuestións se deriven deste.

Máis información:

- Asociación de Empresarios de Hostalaría de Ferrol e Comarcas, no teléfono 981 350 892, no enderezo rúa Real 73-75, 2º Dta. 15.402 Ferrol Email: luisabarro@hosteferrol.org

- Sociedade Mixta de Turismo de Ferrol, no teléfono 981 944 272, no Concello de Ferrol, planta baixa 15.402 Ferrol Email: mlopezturismo@ferrol.es







ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE HOSTALERIA FERROL E COMARCAS. Copyright © 2011