Inicio | Asociados | Como asociarse e servizos |Novas | Ofertas de emprego | Formación e cursos | Contacto
Ver todas

SUBVENCIONS TURISMO. ALOXAMENTOS TURISTICOS



RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades privadas para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a súa convocatoria para o ano 2018.

Obxeto da Subvención;

1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a mellora da infraestrutura turística de Galicia mediante a incentivación a entidades e empresas para a mellora das infraestruturas de establecementos de aloxamento turístico (TU503A).
2. Consideraranse actuacións subvencionables todas as que se inicien a partir do 1-01-2018..
3.1. Actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.
3.2. Obras destinadas á mellora das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial a Q de Calidade Turística.
3.3 Actuacións destinadas á mellora da clasificación do establecemento que supoñan un incremento de categoría.
3.4 Actuacións de mellora da climatización que favorezan a sustentabilidade coa implementación de medidas de aforro enerxético.
3.5. Actuacións relativas á renovación e modernización das instalacións, así como embelecemento do contorno.
3.6. Renovación dos equipamentos mobles necesarios para o funcionamento do establecemento de aloxamento.

Non serán subvencionables os seguinte investimentos;

Gastos correntes da empresa, enxoval de cociña e comedor(vaixela, cubertos, pequenos utensilios...)

Plazo; 1 mes desde la fecha de publicación en el DOGA (23/01/2018). As solicitudes deberánse presentar electrónicamente.

Beneficiarios;

Pequenas e medianas empresas, empresas debidamente inscritas no REAT. Deberase acreditar unha antigüidade no exercicio da actividade no establecemento para o que se solicita a subvención non inferior a 5 anos á data de solicitude da axuda. Admitiranse as modificacións de titularidade por sucesión familiar ata o cuarto grado incluído de consanguinidade ou afinidade durante o dito período.











ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE HOSTALERIA FERROL E COMARCAS. Copyright © 2011