Inicio | Asociados | Como asociarse e servizos |Novas | Ofertas de emprego | Formación e cursos | Contacto
Ver todas

FERROL EN NEGRO


Dende a Asociación de Empresarios de Hostelería de Ferrol e Comarcas, queremos facervos chegar esta proposta do Concello de Ferrol.

A continuación, reproducimos a carta remitida pola concellería de Mocidade, Benestar Social, Muller e Igualdade en relación a un evento que se está a levar a cabo con motivo do día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres.




Estimada/o veciña/o, comerciante, hosteleira/o:
Dende a Concellería de Igualdade e Muller, estamos comezando unha nova proposta de cara a
“Ferrol en Negro” de cara ao 25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia
contra as Mulleres, na que primeiramente queremos felicitar ao comercio local e aos axentes
sociais e económicos da cidade polo éxito acadado coma cidade referente de Galicia
#ContraAsViolencias; dende a Concellería de Igualdade agradecemos a implicación real dos
establecementos da cidade que nos colocaron no mapa galego no 2016 e no 2017. Comezamos
sendo 4 concellos en Galicia aos que se sumaron 3 cun total de 7 concellos participantes no 2016 e
actualmente, no ano 2018 xa somos 102 concellos e 3 deputacións provinciais adheridas a esta
campaña grazas ao voso impulso..
Para este ano 2018, queremos promover novamente unha gran implicación dos axentes socioeconómicos
para impulsarnos mútuamente na loita contra a violencia de xénero. En pleno 2018,
constátase unha dramática realidade: o aumento do 28,4% das agresións sexuais con respeto ao
mesmo periodo do ano anterior, segundo o Balance de Criminalidade publicado polo Ministerio do
Interior; o que equivale á existencia dunha violación cada 5 horas e 49 minutos no estado español.
Podería ser calquera das nosas familiares, amigas ou veciñas.
Por iso, a semana do 19-26 de novembro levaremos diverdas accións promovidas polo Concello de
Ferrol coa fin de dinamizar as rúas dun xeito participado en contra da violencia machista e tamén
unha forte acción-performance conxunta a nivel galego nas rúas de varias cidades simultaneamente
na que Ferrol será un referente. A maiores dos actos culturais en escaparates, eventos socioeducativos,
deportivos, etc que temos organizados pola Concellería de Igualdade, gustaríanos contar
con accións de promoción económica a través do escaparatismo polo que vos propoñemos a
seguinte axenda:
– Participación do 19 ao 26 de Novembro na campaña #FerrolEnNegro decorando escaparates
e establecementos con carteles de lemas contra as violencias. Enviando un email a
ferrolennegro@ferrol.es co nome do establecemento e material preferente dende hoxe
mesmo.
– 14-15-16 de Novembro: recollida do material que precisedes na Casa da Muller da rúa
Lugo. Lembrade que o bonito e diferente da campaña é que o Concello pon material básico
e debuxa medio círculo e o outro medio o completa o establecemento ao seu gusto con teas,
cartilinas, ropa negra, debuxos, flores, etc...
– CONCURSO DE ESCAPARATES FERROL EN NEGRO:
Este ano como novidade habilitaremos un espazo na páxina web para que a cidadanía poda
votar os 3 establecementos/escaparates máis implicados e orixinais, polo que subiremos as
fotografías do nome e escaparate decorado as plataformas web do Concello de Ferrol.
O prazo de inscripción será aproximadamente do 13 de Novembro ata o 19 inclusive, a
través dun formulario que se enviará a ferrolennegro@ferrol.es e se colgará na web ese
mesmo día 13.
Os días 19-20 de Novembro poderedes iniciar o de envio fotos a ferrolennegro@ferrol.es
que iremos subindo á web nun banner moi visible que habilitaremos cunha plataforma de
votación.
Dos días 22 ao 26 de Novembro habilitaremos as votacións da cidadanía de Ferrol na
plataforma colgada na web coas fotos que nos enviedes coa decoración e escaparate.
O día 27 de Novembro daremos a coñecer a resolución en rolda de prensa de valoración da
campaña coa mención e promoción dos tres establecementos máis votados das fotografías
Quero especialmente presentarvos esta última iniciativa participativa co voto da cidadanía e coa
difusión e publicidade dos escaparates na propia web do Concello de Ferrol para concienciar á
sociedade ferrolá sobre esta problemática e apoiar ao comercio e hostalería ferrolás cunha campaña
conxunta que terá unha difusión mediática a nivel galego cun mapeo de establecementos
participantes e difusión mediante rolda de prensa dos tres escaparates máis orixinais a través do
fallo da campaña participativa de escaparatismo o día 27 de Novembro.
Con calquera cuestión, non dubidedes en poñervos en contacto con nos no CIM ou na secretaría do
grupo municipal.








ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE HOSTALERIA FERROL E COMARCAS. Copyright © 2011