Inicio | Asociados | Como asociarse e servizos |Novas | Ofertas de emprego | Formación e cursos | Contacto
Ver todas

SUBVENCIÓNS PARA ACTUACIONS DE MELLORA DAS INFRAESTRUCTURAS DOS ESTABLECEMENTOS TURISTICOS DE ALOXAMENTO DE GALICIA 2019



Obxecto e réxime das subvencións

1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a mellora da infraestruturaturística da Comunidade Autónoma de Galicia mediante a incentivación para a melloradas infraestruturas de establecementos de aloxamento turístico (TU503A).

2. Consideraranse actuacións subvencionables todos aqueles que se inicien a partir do
1 de xaneiro de 2019.

3.En concreto, poderán ser obxecto de subvención, de conformidade co que se establecenesta resolución, os seguintes investimentos:

3.1. Actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de
barreiras arquitectónicas.
3.2. Obras destinadas á mellora das instalacións coa finalidade de obter certificacións
de calidade, en especial o Q de calidade turística
3.3. Actuacións destinadas á mellora da clasificación do establecemento que supoñan
un incremento de categoría.
3.4. Actuacións de mellora da climatización que favorezan a sustentabilidade coa implementaciónde medidas de aforro enerxético.
3.5. Actuacións relativas á renovación e modernización das instalacións así como embelecementodo contorno.
3.6. Renovación dos equipamentos mobles necesarios para o funcionamento do establecementode aloxamento.
4. O investimento neto admitido será de ata 100.000 €. No caso de que o orzamento
de execución do proxecto presentado coa solicitude de subvención sexa superior ao dito límite, requerirase o solicitante para que reformule o proxecto ata o citado límite.
Enténdese por investimento neto o importe orzamentado unha vez deducido o imposto
sobre o valor engadido.
5. Se a actuación a require, o titular deberá contar coa correspondente licenza de obras ou, se for o caso, certificado do concello de non precisar a dita licenza. Esta documentacióndeberá presentarse no momento da xustificación da subvención

Gastos subvencionables

1. Considéranse gastos subvencionables os investimentos netos en que incorrese a
entidade solicitante como consecuencia da realización de proxectos acordes cos requisitos e criterios indicados.
2.-Ademais dos gastos de obra e adquisicións de bens mobles inventariables vencellados coa execución do proxecto, serán gastos subvencionables os servizos profesionais vinculados ao proxecto, como honorarios técnicos de redacción do proxecto e de dirección de obra. Os honorarios técnicos non serán superiores ao 6 % do investimento neto admitido.

3. Non son gastos subvencionables aqueles conceptos que non estean directamente
relacionados coa actuación subvencionable e en ningún caso os seguintes:
a) Adquisición de terreos, edificacións, locais e elementos de transporte.
b) Gastos correntes da empresa e a adquisición de material non inventariable, como
menaxe de cociña e comedor (vaixela, cubertería, cristalaría e pequenos utensilios).
c) Obras de mantemento do establecemento, entendendo por tales as que se realizan
periodicamente para manter a edificación en perfecto uso (limpeza de canlóns, pintura,
arranxos de carpintaría, ...).
d) Seguros, taxas por autorizacións administrativas, licenzas ou similares.
e) Gastos de conectividade.
f) Activos adquiridos mediante leasing ou renting nin os que fosen fabricados, realizados
b) ou desenvolvidos pola entidade solicitante.

Persoas beneficiarias

1. Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións as persoas físicas e xurídicas
titulares de establecementos turísticos de aloxamento que reúnan os requisitos establecido snas bases da orde

Forma e lugar de presentación das solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do
formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,
https://sede.xunta.gal

2. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Para máis información contactar coa oficina da Asociación.








ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE HOSTALERIA FERROL E COMARCAS. Copyright © 2011