Inicio | Asociados | Como asociarse e servizos |Novas | Ofertas de emprego | Formación e cursos | Contacto
Ver todas

OCIO NOCTURNO- APERTURA DE TERRAZAS

Modificación DOGA nº 185 publicado o venres 11/09/2020 realtivo á apertura das terrzas dos locais de ocio nocturno.

«3.34. Discotecas e resto de establecementos de lecer nocturno.

1. Entenderase por establecementos de lecer nocturno, para os efectos do establecido
nestas medidas, as discotecas, pubs, cafés-espectáculo, salas de festas, así como as salas
de concertos que desenvolvan as súas actividades de forma análoga aos anteriores.

2. Estes establecementos poderán manter abertas ao público exclusivamente as terrazas
ao aire libre, para consumo e servizo sentado en mesa, nas condicións que se indican
a continuación.

As terrazas ao aire libre destes establecementos limitarán a súa capacidade ao setenta
e cinco por cento das mesas permitidas no ano inmediatamente anterior con base na correspondente
licenza municipal ou do que sexa autorizado para este ano, no caso de que
a licenza sexa concedida por primeira vez.

Consideraranse terrazas ao aire libre todo espazo exterior ao local non cuberto ou todo
espazo que, estando cuberto, estea rodeado lateralmente por un máximo de dúas paredes,
muros ou paramentos.
Non estará permitida a instalación de barras para consumo ou servizo nelas a clientes
da terraza.

En todo caso, deberá asegurarse que se mantén a debida distancia de seguridade interpersoal
entre as mesas ou, de ser o caso, agrupacións de mesas. A ocupación máxima
será de dez persoas por mesa ou agrupación de mesas. A mesa ou agrupación de mesas
que se utilice para este fin deberá ser acorde co número de persoas e permitir que se respecte
a distancia mínima de seguridade interpersoal entre elas.

3. Os establecementos deberán pechar non máis tarde da unha da madrugada, sen que
se poida permitir o acceso de ningún cliente desde as 00.00 horas







ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE HOSTALERIA FERROL E COMARCAS. Copyright © 2011 | Política Privacidad