Inicio | Asociados | Como asociarse e servizos |Novas | Ofertas de emprego | Formación e cursos | Contacto
Ver todas

NOVAS RESTRICCIONS




NOVAS RESTRICCIÓNS (DOG 30 DE OCTUBRE 2020-FERROL,FENE,NARON Y NEDA)

A partir do día de hoxe 30 de outubro quedan restrinxida a movilidade perimetral nos concellos
de Ferrol, Neda, Narón e Fene. Prohíbense todos os desplazamentos fora do municipio que non
sexan debidos a:
a) Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.
b) Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais ou legais.
c) Asistencia a centros universitarios, docentes e educativos, incluídas as escolas de
educación infantil.
d) Retorno ao lugar de residencia habitual ou familiar.
e) Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade
ou persoas especialmente vulnerables.
f) Desprazamento a entidades financeiras e de seguros ou estacións de servizo en territorios
limítrofes.
g) Actuacións requiridas ou urxentes ante os órganos públicos, xudiciais ou notariais.
h) Renovacións de permisos e documentación oficial, así como outros trámites administrativos
inaprazables.
i) Realización de exames ou probas oficiais inaprazables.
j) Por causa de forza maior ou situación de necesidade.
k) Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.
Ademáis limítanse as reunións persoais a tan só persoas convivientes, neste caso non poden
superar as 5 persoas, tal e como ven especificado na orde anterior do DOG do 21 de outubro.
En canto ás restricción de hostelería non se impón ningunha a maiores das que xa viñan existindo
dende a pasada semana. 50 % de aforo no interior dos locales, 75 % nas terrazas e non se pode
utilizar a barra. A única novidade que introduce este novo decreto é que as persoas que se
reúnan no local só poden ser convivinte e non poden superar o número de 5 persoas por grupo.
Duración das medidas: en función da necesidade as medidas deberán ser obxecto de
seguimento e de avaliación continua, co fin de garantir a súa adecuación á situación
epidemiolóxica e sanitaria e para os efectos, de ser necesario, da súa modificación ou
levantamento. En todo caso serán revisadas nun período máximo de 7 días.







ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE HOSTALERIA FERROL E COMARCAS. Copyright © 2011 | Política Privacidad