Inicio | Asociados | Como asociarse e servizos |Novas | Ofertas de emprego | Formación e cursos | Contacto
Ver todas

AXUDAS PARA ESTABLECEMTOS DE OCIO NOCTURNO

No DOGA de hoxe apracen recollidas as bases reguladoras de axudas para establecemento de lecer nocturno .

Poderán acollerse a ditas axudas as persoas físicas e xurídicas que exerzan a explotación económica dun establecemento de lecer nocturno (pubs, salas de festas, discotecas...) e resulten afectados pola paralización desta, como consecuencia das medidas adoptadas para a prevención do COVID.

Entre os requisitos recollidos na orde destacan;

a) Que se trate dun establecemento de lecer nocturno que estivese pechado como consecuencia directa da aplicación da Orde da Consellería de Sanidade do 15 de agosto de 2020.

b) Que exerceran a explotación económica dun establecemento de lecer nocturno en calquera momento do exercicio económico 2020 e que continúen coa explotación económica do mesmo establecemento de lecer nocturno no exercicio económico 2021, sen prexuízo de que teñan que permanecer pechados como consecuencia das disposicións sanitarias de prevención e contención da COVID-19.

c) Que non se trate de empresas ou persoas traballadoras autónomas en crise en 31 de decembro de 2019. Todo isto sen prexuízo da posibilidade de conceder axudas ás microempresas e pequenas empresas que estivesen en crise o 31 de decembro de 2019, sempre e cando non se atopen inmersas nun procedemento concursal nin teñan recibido
unha axuda de salvamento ou de reestruturación.

A contía das axudas variara en función dos metros cadrados do local, indo dente os 7500€ para os locais de menos de 100m e 35000€ para os de máis de 1000m.

O prazo de presentación de solicitudes será de un mes contado a partir do dia seguinte da pulicación da orde no DOG. Todas as solicitudes deben ser presentadas electrónicamente.









ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE HOSTALERIA FERROL E COMARCAS. Copyright © 2011 | Política Privacidad