Inicio | Asociados | Como asociarse e servizos |Novas | Ofertas de emprego | Formación e cursos | Contacto
Ver todas

SUBVENCIÓN-PROGRAMA BONO DAS PERSOAS AUTÓNOMAS




ORDE do 22 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do
Programa do bono das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria
para o ano 2018 (código de procedemento TR 341Q).


Beneficiarios:

As persoas traballadoras autónomas que estean de alta no réxime especial de autónomos que teñan unha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida na data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses e que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, declarados no ano anterior ao da convocatoria.

Subvención:

Unha subvención dun 80 % da actividade que se subvencione cun límite máximo de 3.000 euros de axuda polo conxunto de actividades subvencionables, sendo o resto do gasto por conta do beneficiario.
Esta axuda ten 2 liñas:
Mellora da competitividade(plan marketing, investigación mercado...) ou mellora da competitividade a través de investimento( compra maquinaria, útiles e ferramentas, reforma local negocio, rótulos, equipos informáticos, web, logo)

Prazo:

Un mes a partir do día seguinte á publicación da Orde (4/06/2018). As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamanente por vía telemática.









ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE HOSTALERIA FERROL E COMARCAS. Copyright © 2011