Inicio | Asociados | Como asociarse e servizos |Novas | Ofertas de emprego | Formación e cursos | Contacto
Ver todas

MODIFICACION HORARIO TERRAZAS



O concelleiro delegado titular da Área de Urbanismo e Infraestruturas, Mobilidade,Vivenda e Rehabilitación, Contratación, Centro de Recursos Informáticos e Organización Interna, (por delegación da Alcaldía de 08/07/2019 (BOP 22/07/2019), aprobou con data 18/12/2019, elevándoa a resolución, unha proposta da Xefatura da Sección de Urbanismo e Infraestruturas, que literalmente di así:

“ANTECEDENTES:

O artigo 6 da Ordenanza reguladora das terrazas dos establecementos de hostalería (BOP 121 do 27/06/2014), coa modificación publicada no BOP 151 do 10/08/2016, permite modificar os horarios das terrazas previstos nese artigo por medio de decreto do concelleiro responsable.

Por decreto do 26/03/2015 acordouse equiparar o horario festivo do verán ao período de Nadal e Semanan Santa de xeito que o horario máximo de peche das terrazas autorizadas sexa ás 01:00 horas sen que en caso ningún se supere o horario autorizado á actividade principal.

Nos sucesivos anos procedíase a ditar decretos co obxecto de ampliar os horarios das terrazas, ampliándoo ata as 02:00 horas durante a semana grande de festas de Ferrol.

Co fin de unificar os horarios para todos os períodos vacacionais e de festas na cidade, evitando ter que ditar contínuos decretos ao respecto, así como co de actualizar, polas circunstancias concorrentes, os horarios xerais para o resto do ano, procede ditar un novo decreto que modifique os horarios fixados no artigo 6 da citada Ordenanza e nos decretos anteriormente ditados.


FUNDAMENTOS DE DEREITO:

O artigo 6 da Ordenanza reguladora das terrazas dos establecementos de hostalería establece o seguinte: ”O horario de funcionamento de todas as terrazas situadas en solo de titularidade e uso

público, así como o das terrazas situadas en solos privados, será ata a 01:00 horas nos meses de xullo, agosto e setembro; ata as 23:00 horas durante o resto do ano entre semana, e ata as 24:00 horas en venres e sábados, podendo prorrogarse en época de festas. En ningún caso superará o horario autorizado para a actividade principal. // Os horarios establecidos neste artigo poderán ser modificados, por circunstancias xustificadas, mediante decreto da Alcaldía."

E a Disposición Adicional Terceira da mesma ordenanza dispón: “Habilítase á Alcaldía-Presidencia ou ao Concelleiro que teña delegadas as competencias en funcións urbanísticas para ditar as disposicións ou instruccións necesarias para o desenvolvemento e aplicación da presente ordenanza.”

O decreto de delegación de competencias do 08/07/2019 atribúelle ao concelleiro delegado da Área de Urbanismo e Infraestruturas, Mobilidade, Vivenda e Rehabilitación, Contratación, Centros de Recursos Informáticos e Organización Interna todo o relacionado en xeral coa actividade urbanística municipal.


Consonte cos antecedentes e fundamentos anteriormente expostos, formúlolle ao concelleiro delegado da Área de Urbanismo e Infraestruturas, Mobilidade, Vivenda e Rehabilitación, Contratación, Centro de Recursos Informáticos e Organización Interna, a seguinte

PROPOSTA DE RESOLUCIÓN:

ÚNICO.- Modificar o horario de funcionamento de todas as terrazas nos períodos de vacacións escolares de Nadal e Semana Santa, así como durante os meses de xullo, agosto e setembro, e as vísperas de festivos locais, autonómicos ou nacionais, ata as 02:00 horas, sen que en caso ningún supere o horario autorizado á actividade principal.

O horario para o resto do ano entre semana será ata as 24:00 horas e para vernes e sábado ata as 02:00 horas, sen que en caso ningún supere o horario autorizado á actividade principal.”








ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE HOSTALERIA FERROL E COMARCAS. Copyright © 2011 | Política Privacidad