Inicio | Asociados | Como asociarse e servizos |Novas | Ofertas de emprego | Formación e cursos | Contacto
Ver todas

DOGA-NOVAS MEDIDAS DE PREVENCION FRONTE Á COVID


O Diario Oficial de Galicia acaba de facer oficial a restrición relativa ás reunións de persoas non convivintes, que entrará en vigor ás 00:00 do 15 outubro de 2020.

Desde ese momento e durante un prazo de polo menos 7 días limítanse a un máximo de 10 persoas os grupos para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados.

O límite de dez persoas non se aplicará no caso de persoas conviventes, e tampouco no caso de actividades laborais, empresariais, profesionais e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento.

A orde da Consellaría de Sanidade indica que as celebracións e eventos en establecementos de restauración para os días 15 a 18 de outubro que xa estivesen concertados con carácter previo ao día 14 de outubro deberán ser comunicados polos titulares dos establecementos á xefatura territorial da Consellería de Sanidade para que se poidan adoptar as medidas ou efectuar as recomendacións pertinentes.







ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE HOSTALERIA FERROL E COMARCAS. Copyright © 2011 | Política Privacidad