Inicio | Asociados | Como asociarse e servizos |Novas | Ofertas de emprego | Formación e cursos | Contacto
Ver todas

NOVAS MEDIDAS PARA OS LOCAIS DE HOSTALEIRA FRONTE AO COVID



Tras a publicación no DOG nº 177-bis do PLAN DEHOSTALERIA SEGURA , establécense dous niveis aos cales poden acollerse os establecementos hostaleiros con esixencias comúns e algunhas diferenciadoras. Según o grado de cumplimento de cada local, poderán optar por un ou outro.

NIVEL 1C (UNHA CUNCHIÑA)

-A ocupación será del 50% interior y 75% en exterior
-Horario será ata asl 1:00 horas
-Dispoñer dos carteis correspondentes que conten os aforos permitidos.
-Distancia de 1,5 metros entre mesas ou agrupación de mesas
-Aseos; sinalizar a capacidade, limpeza polo menos duas veces ao día.
-No tocante á calidade do aire interior; Dispor de medidores CO2 e rexistrar as medicións polo menos cada catro horas e nos momentos de máxima afluencia. No caso de ventilación mecánica débese poder acreditar a certificación do seu mantemento.
-En canto ao persoal traballador; Máscara cirurxica cambiada cada 4 horas, formación ao persoal de 2 horas, roupa de traballo especifica.
-En canto á proteccion colectiva;contar con hidroxel en varios puntos do local , ademáis de na entrada e os aseos. Sinalizar os intinerarios de circulación , controlar o uso de máscara por parte da clientela, fomentar o pagamento con dispositivos de pago electrónico, poderase contar con castas manuais desinfectadas tras cada uso, empregar sempre que sexa posible manteis de un so uso, fomentar o uso de productos autoservizo( tales como gardanapos, aceiteiras...)
-Contar con unha declaración responsable no momento de obter o cartel sinalizador. Nesta declaración responsable, os titulares dos locais, deben responsabilizarse da veracidade dos datos achegados para a elaboración do cartel.


NIVEL 2C (DUAS CUNCHIÑAS)

-Aforos do 100% exterior e 75% interior.
-Permitido o consumo en barra; individualmente ou como máximo 2 convivintes. Manter a distancia de 1,5 metros sempre.Delimitar o uso de barra destinada aos clientes e o espazo empregados por camareiros, non se poderá compatibilizar ambos usos.
-Horario ata 1:00 horas.
-contar con carteis de aforos.
-Distancia de 1,5 metros entre clientes dunha mesa e a da contigua.
Aseos; simalizada á súa capacidade. Limparanse tres veces ao día como mínimo.
- No tocante á calidade do aire interior; Dispor de medidores CO2 e rexistrar as medicións polo menos cada catro horas e nos momentos de máxima afluencia. No caso de ventilación mecánica débese poder acreditar a certificación do seu mantemento
-En canto ao persoal traballador; Máscara cirurxica cada 4 horas e dispoñer de máscaras FFP2 e ofertalas ao persoal(cambiar cada 8 horas), formación ao persoal de 4 horas, roupa de traballo especifica.
-Probas diagnósticas periódicas cada 15 días. A frecuencia rebaixarase a 7 días no caso de que o nivel de restricción sexa alto ou máximo. A realización destas probas será voluntaria para o persoal traballador.
-En canto á proteccion colectiva; contar con hidroxel en cada mesa ou agrupación de mesas. Sinalizar os intinerarios de circulación , controlar o uso de máscara por parte da clientela, fomentar o pagamento con dispositivos de pago electrónico, empregar sempre que sexa posible manteis de un so uso, fomentar o uso de productos autoservizo( tales como gardanapos, aceiteiras...), cartas dixitais ou QR, rexistro de clientes en caso de comidas ou ceas onde conste nome e apelidos e nº teléfono. Este rexistro débese gardar durante 1 mes.
-Fomentar o uso de ferramentas como PassCovid e Radar Covid.
-Contar con unha declaración responsable no momento de obter o cartel sinalizador. Nesta declaración responsable, os titulares dos locais, deben responsabilizarse da veracidade dos datos achegados para a elaboración do cartel.









ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE HOSTALERIA FERROL E COMARCAS. Copyright © 2011 | Política Privacidad