Inicio | Asociados | Como asociarse e servizos |Novas | Ofertas de emprego | Formación e cursos | Contacto
Ver todas

SUBVENICON EFICIENCIA ENERXETICA

Axudas de proxectos de mellora enerxética, destinados a pemes e autónomos sector hostalería 2022

Están previstos 6 ámbitos diferentes de accións a subvencionar a través de outros tantos bonos:
1. Bono envolvente: elementos de control solar.
2. Bono iluminación: renovación de equipamentos de iluminación interior e/ou exterior por outros que utilicen tecnoloxía LED.
3. Bono instalacións eléctricas: mellora da eficiencia enerxética en instalacións eléctricas.
4. Bono equipamento: renovación do equipamento consumidor de enerxía (como cafeteiras,
lavalouzas, etc.).
5. Bono climatización: equipamentos que permitan reducir o consumo de enerxía das
instalacións de climatización, ventilación e auga quente sanitaria.
6. Bono inmótica: sistemas domóticos e/ou inmóticos que permitan xestionar a enerxía e
o gasto enerxético de forma máis eficiente.
Considerarase investimentos subvencionables:
1. Custos de investimento necesarios para a consecución dunha ou varias das diferentes
tipoloxías de mellora enerxética definidas no artigo 2 das bases reguladoras.
2. A realización do proxecto, a dirección de obra, a adquisición e instalación dos equipamentos,
obra civil, soportes e proteccións, tanto eléctricas como mecánicas, así como
calquera outro elemento necesario para o correcto deseño e funcionamento da instalación
reformada.
A inversión mínima subvencionable é de 1.000 euros e a axuda máxima que se concederá por solicitude é de 6.000 euros ou 80% da inversión.
O prazo para solicitar estas axudas remata o 14 de Xullo 2022.








ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE HOSTALERIA FERROL E COMARCAS. Copyright © 2011 | Política Privacidad